CLÁUSULA DE CONFIDENCIALIDADE

Grazas por participar nesta enquisa. Burger King Corporation ten en conta as preocupacións relativas á privacidade dos visitantes dos seus sitios web. O propósito desta Cláusula de confidencialidade é describir os tipos de información que recollemos dos visitantes deste sitio web, www.miexperienciabkespana.com ("o Sitio web"), os obxectivos para os que empregamos a información recollida e os dereitos que lle asisten relativos á devandita información.

Burger King Corporation (“BKC”) e Service Management Group, Inc. (“SMG”), provedor de servizos de investigación de BKC, operan o Sitio web. Nesta Cláusula de confidencialidade faise referencia conxunta a Burger King Corporation e a SMG como "nós", “nos” ou "o noso". Burger King Corporation patrocina e controla os datos do Sitio web. SMG desenvolverá e aloxará os Sitios web, recollerá e procesará datos do Sitio web e ofrecerá outros servizos, como o de atención ao cliente do Sitio web. Se ten algunha pregunta relativa a esta Cláusula de confidencialidade ou ao Sitio web, póñase en contacto con guesttrachelp@smg.com.

RECOLLIDA E USO DA INFORMACIÓN

A realización da enquisa contida neste Sitio web é completamente voluntaria. Como parte da enquisa, vostede envíanos voluntariamente certa información relativa a súa persoa e á súa experiencia nun restaurante BURGER KING®. A realización desta enquisa supón a súa aceptación dos termos desta Cláusula de confidencialidade.

A información facilitada nesta enquisa empregarase exclusivamente para desenvolver o programa de investigación acerca dos nosos clientes, coñecido como Guest Trac(SM), co obxecto de mellorar a experiencia dos consumidores nos restaurantes Burger King®.

Tamén recollemos información que non forma parte desta enquisa. En concreto, recolleremos o seu enderezo IP e o tipo de explorador que está a utilizar. Tamén empregamos pequenos ficheiros de texto, coñecidos como cookies, que permitirán recoñecelo cando volva visitar o Sitio web. Esta información emprégase exclusivamente para manter a integridade da nosa investigación. Ata o punto no que o seu enderezo IP poida considerarse información persoal, o envío electrónico da enquisa supón o seu consentimento para a recollida e procesamento do seu enderezo IP.

A información recollida neste Sito web será transferida aos Estados Unidos. Vostede entende que as leis de protección de datos nos Estados Unidos poden ser menos estritas que as da súa comunidade, país ou calquera outra xurisdición, e da o seu consentimento para a devandita transferencia.

Non nos poremos en contacto con vostede pola realización desta enquisa, agás se vostede solicita que o fagamos, e non venderemos a súa información a terceiros.

For residents of Chile only, in addition to everything above still applying, we also inform you that, in accordance with Art. 19 #4 of the Political Constitution of the Republic of Chile, and Law 19,628 on Private Data Protection, the individual to whom the personal information belongs will be able to: a. Request information about their personal information on record; b. Request the deletion or cancelation of the data provided, if appropriate; and c. Decline to have your personal information used for statistical purposes.

PÓÑASE EN CONTACTO CONNOSCO

Se ten preguntas, comentarios ou hai algún aspecto que lle preocupe sobre esta Cláusula de confidencialidade, póñase en contacto connosco empregando o seguinte enderezo de correo postal ou de correo electrónico:

Enderezo de correo postal: Burger King Corporation c/o Service Management Group 1737 McGee Street Kansas City, MO 64108 EUA

Enderezo de correo electrónico: guesttrachelp@smg.com

Actualizado en xullo de 2009